Bases do concurso
1. OBXECTO
O concurso ten por obxecto a creación dun logo específico para a biblioteca da Asociación Cultural e Recreativa Tempo Novo de Elviña e Castro, como actividade de celebración do Día das Bibliotecas, que se celebra o 24 de outubro.
2. DESTINATARIOS
Poderá participar no concurso a mocidade de entre 6 e 17 anos de idade.
3. LUGAR, DÍA E HORA DE CELEBRACIÓN
O concurso levarase a cabo na biblioteca da Asociación Cultural e Recreativa Tempo Novo de Elviña e Castro, situada no primeiro andar do Local Social de Tempo Novo (Praza Emilio Jaspe Deza 1, 15008 Elviña – A Coruña) o día 25 de outubro, de 17:30 a 19:30.
3. CONDICIÓNS E NORMAS
– Tódolos participantes cubrirán un formulario de participación cos seus datos persoais antes de entrar no espazo habilitado para o concurso (os menores de 14 anos deberán ir acompañados dun representante legal).
– Os datos persoais dos participantes utilizaranse exclusivamente para cuestións inescusables do concurso e segundo o disposto na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos persoais e garantía de dereitos dixitais e Adecuación ao Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679.
– As normas para a creación do logo daranse no momento de comezo do concurso.
– Tódolos debuxos deben ser feitos durante a duración do concurso, sen axuda, e dentro do espazo habilitado para tal fin. Deberán ser orixinais e inéditos.
– Excluiranse todos aqueles debuxos que teñan connotacións sexistas, xenófobas, racistas ou ofensivas.
– Os participantes ceden os dereitos dos seus debuxos á Asociación Cultural e Recreativa Tempo Novo de Elviña e Castro.
– O logo gañador utilizarase nas publicacións e publicidade da biblioteca durante un mínimo de 1 ano.
– Deberá haber un mínimo de 5 participantes para que se conceda o premio. De non ser así, poderase declarar deserto.
– A participación no concurso leva implícita a aceptación de todas estas bases e o fallo do xurado.
4. XURADO
O xurado estará composto por membros da Comisión da Biblioteca e por membros da Xunta Directiva da Asociación Cultural e Recreativa Tempo Novo de Elviña e Castro.
5. CRITERIOS DE VALORACIÓN
O xurado valorará a creatividade do debuxo, a súa adecuación as normas dadas, e a idade do participante.
6. VEREDICTO
O veredicto será dado a coñecer en redes sociais, e o acto de entrega do premio será dúas semanas despois do concurso (8 de novembro), no mesmo lugar de celebración, ás 18:00.
7. PREMIO
Haberá un único premio, que consiste nun vale por valor de 50€ para gastar en libros (en librerías a acordar coa Asociación) e un certificado acreditativo.