Andar cos tempos

ANDAR COS TEMPOS… ou de como cribar o gran para mañá.
 
 
Faladoiro con Carme Campo e Chus Caramés arredor da transmisión de estereotipos sexistas na nosa música e baile tradicionais.
 
Neste faladoiro reexaminaremos un elemento patrimonial tan vivo como é o baile tradicional, tratando de identificar que estereotipos sexistas se perciben nel, así como debater sobre se a tradición é un concepto estático ou ten demostrado, como en máis exemplos do noso patrimonio cultural, que é dinámico e “anda cos tempos”. Ademais, a través de materiais audiovisuais de recollas de campo, analizaremos o que a anterior xeración nos ten transmitido para a continuación, reflexionar sobre que legado queremos deixar á que nos segue.
 
 
As relatoras, Carme Campo (Carminha Do Porrinho) e Chus Caramés, son educadoras, bailadoras e xestoras do proxecto Andar cos tempos co que nos convidan a revisar a tradición con perspectiva feminista.
 
*Entrada por orde de chegada