O Lagar da nosa memoria
Localizado ao pé do monte dos Crutos dentro do val de Elviña, O Lagar é un deses lugares cargados de memoria e simbolismo. Habitado por seres mitolóxicos ancestrais hoxe permanece agochado como zona verde do campus universitario.
Neste acto lembraremos algunha das lendas do Lagar, veremos unha curta audiovisual e remataremos cunhas cantas pezas na voz e música dos Reboiras e Casás.
Día: Venres 20 de setembro
Hora: 22:00 horas
Localización: A carón da Casa do Lagar
Roteiro interpretativo da historia, flora e fauna do castro de Elviña e da súa contorna.
A mañá do sábado comezará cunha visita guiada polo Grupo Naturalista Hábitat que nos amosará a biodiversidade existente no val de Elviña e algo da súa historia.
A visita partirá do Lagar e concluirá dentro do xacemento do castro.
É preciso reservar praza
Día: Sábado 21 de setembro.
Hora: 10:00 horas
Localización: A carón da casa do Lagar.
Reserva de prazas: 651 498 212
Visita musicada ao castro de Elviña
O bo facer das guías do Museo Arqueolóxico Castelo de San Antón levaranos pola historia do castro de Elviña unha vez máis.
Para esta ocasión a visita irá acompañada das pandeiretas e das gaitas dos Rexumeiros de Tempo Novo.
É preciso reservar praza
Día: Sábado 21 de setembro.
Hora: 12:00 horas
Localización: No castro.
Reservas: 981189850
Contacontos
Os Crutos agochan moitos espazos repletos de historia. É o mellor dos escenarios posibles para un gran narrador de historia, como é Anxo Moure.
Anxo Moure mantén viva a vella arte de narrar e levaranos por moitas historias con dous contacontos que terán lugar nos Crutos. Moure ademais da súa narrativa é ben coñecido pois o Apalpador ben se lle parece.
Día: Sábado 21 de setembro.
Horas: 13:00 horas e 17:30 horas
Localización: No castro.
Observación do Sol con telescopio solar
Da man da Asociación Astronómica Coruñesa Ío observaremos o sol desde o castro de Elviña a través dun telescopio solar.
Día: Sábado 21 de setembro.
Hora: 12:00 horas
Localización: No castro.
Visita á última escavación do castro explicada polo director da intervención.
As escavacións realizadas este ano no castro amosas datos moi relevantes sobre a cronoloxía das murallas que son moi anteriores ao que se pensaba.
Samuel Nión-Álvarez (INCIPIT – CSIC) foi director da última escavación e explicaranos in situ os resultados da intervención arqueolóxica.
É preciso reservar praza
Día: Sábado 21 de setembro.
Hora: 16:30 horas
Localización: No castro.
Reserva de prazas: 651 498 212
Obradoiro de construción de brinquedos con refugallos
Antón Cortizas guiará un obradoiro de xogos tradicionais realizados con refugallos dirixidos aos máis novos. Antón é mestre e autor de diversos libros de literatura infantil e xuvenil.
Día: Sábado 21 de setembro.
Hora: 16:30 horas
Localización: No castro.
Concertos
Para terminar un día cheo de coñecemento non hai mellor cousa que facelo escoitando boa música no monte dos Crutos.
A boa música virá por partida dobre, con Icía Varela e Richi Casás.
Richi Casás é músico coruñés que traballou sobre o cancioneiro popular galego, e é coñecido polo seu traballo Fuliada na Vila. Richi fará un concerto didáctico.
Icía Varela é unha das voces emerxentes da música tradicional galega. Esta cantareira de Cerqueda (Malpica) traerá o seu bo facer aos Crutos.
Día: Sábado 21 de setembro.
Hora: 18:00 horas
Localización: No castro.