Feira de San Vicenzo

Na festa do San Vicenzo, o 22 de Xaneiro, facíase en Elviña unha feira á que viñan vendedores de toda a provincia, e a xente da redonda viña mercar ferramentas para todo o ano.

Podían atopar calquera ferramenta que precisasen, gadañas, carros, caínzos, gabillos, eixos, xugos, mangos para as ferramentas, cestos, paxes, tinas, e ata varas para leva-lo gando!

Mañá coincidindo con esta data faremos unha sesión vermú con música tradicional.

Estades convidados!