Entroidízate con Samede

Na aldea de Samede, no Concello de Paderne, preto de Betanzos, recuperouse en 2015 o Entroido de Samede, que ten máis de 100 anos. É un dos entroidos tradicionais de Galicia, que sobreviviu á Guerra Civil, que se puido celebrar durante a ditadura e que agora revive grazas aos veciños de Samede.

En Elviña e Castro as comparsas Os Rexumeiros e Os Calaveras amenizaron moitos entroidos, en eses anos de ditadura nos que estas comparsas tiñan que agudizar o enxeño (“darlle aos miolos”) para que as letras superasen a censura.

Este domingo acompañarannos os veciños de Samede coas súas máscaras sombreiros e indumentarias tradicionais para recorrer Elviña e Castro!!!

Rematarán na praza da Sociedade, onde o Ambigú d’Elviña terá de menú carne ao caldeiro e filloas!