Concerto na igrexa de Elviña

Este xoves día 16 de Xuño, ás 20:30 horas, festexamos que o 30 de xuño de 1754 o bieito Frei Martín Sarmiento parte do santuario de Nosa Señora de Pastoriza para Santiago de Compostela usando o camiño ancestral de Vío. O seu andar pola vella ruta dos romeiros levarao por Vío, Mesoiro, Castro e Elviña.

Dous séculos e medio despois, a igrexa parroquial de San Vicenzo de Elviña recobrará a espírito da romaxe nas mans das voces de Carlos Casás, Pablo Rosales Reboiras, Miguel Rosales Reboiras e Luís O’Caruncho que volverán á vida os cantares de cego que tan a miúdo soaron no adro da igrexa.
 
Será na igrexa románica da parroquia de San Vicenzo de Elviña.