44 aniversario AC Tempo Novo

Este Domingo día 1 de Maio festexamos o Aniversario da A.C. Tempo Novo ás 18:00 da tarde.

Para celebralo teremos como de costume o concurso de tortillas e sobremesas cun premio para o primeiro e segundo posto. A hora límite de entrega para os participantes será as 17:45.

Despois gozaremos das distintas elaboracións acompañadas duns pinchos e continuaremos coa actuación da Banda de Gaitas que amosaran o traballo feito durante o ano.

 

E como colofón final o concerto de Contiños da Feira que amenizarán a tarde e darán paso á Foliada Aberta. Animádevos a participar e festexar connosco este día. Vémonos este domingo día 1..